As Laxiñas nº 6, C.P. 36.872
Covelo, Pontevedra (Galicia)
info@abellalupa.com
Teléfono: 655 949 222

Abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural

  • RSS
  • Facebook
  • Twitter
  • Linkedin
inicio > Abella Lupa SAT

Abella Lupa é unha Sociedade Agraria de Transformación que nace cun dobre propósito: ser un proxecto destinado á produción ecolóxica de mel e á recuperación e divulgación do patrimonio cultural asociado á apicultura en Galicia.

Abella Lupa amais, aséntase nun modelo sustentábel que pretende xerar experiencias demostrativas sobre os beneficios da xestión do monte, a través da conservación da biodiversidade, implantándose en espazos naturais e utilizando a apicultura como exemplo.

Asemade, Abella Lupa, incorpora ao mundo da apicultura un enfoque multidisciplinar, grazas á súa experiencia e formación profesionais en ámbitos como a bioloxía, a xestión forestal, a ecoloxía e a educación ambiental.