Curso de apicultura ecolóxica impartido por Abella Lupa na parroquia covelense de Paraños.
Obradoiro sobre o vello oficio da ceraría cun dobre carácter: teórico e práctico. Deste xeito na parte teórica —a través de explicacións, elementos materiais, imaxes e vídeos— aprendéuselle ao alumnado a importancia da cera na cultura galega, ora no seu carácter cotiá, ora na súa vertente relixiosa ou sacra. Asemade, na parte práctica @s nen@s elaboraron coas súas mans e por si mesm@s unha candea de cera natural de abellas.

Valorización do sobreiral da Ibia
Elaboramos para a CMVMC de Paraños en Covelo, a guía do “Centro de Interpretación da Ceraría, Favum” incluíndo os seus textos, gráficos e fotografías. Aquí podedes descargar a mesma: Guía_ceraría; e o díptico Díptico_ceraría.