As Laxiñas nº 6, C.P. 36.872
Covelo, Pontevedra (Galicia)
info@abellalupa.com
Teléfono: 655 949 222

Abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural

  • RSS
  • Facebook
  • Twitter
  • Linkedin
inicio > Servizos e Produtos > Produción e venda de mel cru ecolóxico

Abella Lupa produce e comercializa dúas marcas de mel cru: “12” e “Suído”. As nosas colmeas atópanse repartidas pola Serra do Suído e as Fragas do río Tea. Estes emprazamentos naturais sitúanse en espazos de media montaña, que posúen un alto valor ecolóxico e ademais están incluídos ou propostos para formaren parte na REDE NATURA 2000.

Deste xeito cumpren os requisitos de certificación ecolóxica esixidos pola normativa que regula este tipo de produción, que teñen que ver principalmente coa ausencia de puntos de contaminación na área de recolección das abellas.

As fragas de carballos e os bosques de ribeira, as silvas e especies arbustivas de matogueira como o toxo e as uces e breixos, constitúen a base da achega de néctar e pole que as nosas abellas melíferas realizan ás súas colonias.